Sentimos unha grande emoción nestes primeiros pasos da nova páxina web.  É esa emoción do recén nado. Un instrumento de comunicación renovado que agardamos poida servir para trasmitir novas, emocións, imaxes, en fin, información nesta sociedade  tan complexa que nos toca vivir e que demanda constantemente novas experiencias, ideas, proxectos…

Dende a Comunidade de Montes de Paraños imos procurar manterte informado-a de cantas cuestións atinxan á nosa parroquia e, moi especialmente á Ruta do Xabriña e ao Centro de Interpretación da Ceraría (FAVUM).

Temos tamén que comezar pedíndovos comprensión xa que, recén nados, habemos cometer algúns erros que, agardamos se corrixan co tempo.

Longa vida! á nosa nova páxina web.

 

Río Xabriña

Paraños dende o monte do Roupeiro

 

Artigos