Sinal da ruta do río Xabriña (PR-G 119)

A ruta do Xabriña

A ruta do Xabriña, transcorre polas parroquias de Paraños, Prado da Canda e A Lamosa, situadas no alto val que forma este río, afluente do Tea.

O principal punto de partida está en Paraños, pero tamén se pode comenzar en moitos outros lugares: A Lamosa (N-120), Prado de Canda ou Corzós (na estrada da Franqueira). Dende Paraños, seguindo o curso do Xabriña, tamén se pode enlazar coa ruta dos muiños de Mouriscados.

O percorrido total de máis de 17 Km. ten como principal protagonista o río Xabriña e os seus afluentes. Presenta pouco desnivel xa que ascende suavemente dende Paraños, no curso medio do río, ata as altas terras da Canda.

Tramo do río Xabriña o seu paso pola ruta
O río Xabriña no seu paso pola ruta
O camiño real da Ruta do Xabriña dende ponte folón a Prado
Ruta do Xabriña. Camiño Real desde Ponte Folón a Prado
O mapa da Ruta do Xabriña ilustrada por Miguel Álvarez Soaje

A súa estrutura é circular, conformada por dous grandes aneis que teñen o seu punto de encontro na fermosa ponte Folón. O primeiro anel, dende Paraños ata a ponte, ten como protagonista principal o río Xabriña, as fragas e a abondosa vexetación de ribeira.

O segundo anel, que pasa por Prado e A Lamosa, vainos permitir coñecer históricos camiños, unha boa arquitectura rural así como a actividade dos cereiros, xa desaparecida.

O camiñante pode facer a ruta completa, calquera destas dúas alternativas, ou planificar diversas combinacións en función do seu interese.

Cultura da ruta do Xabriña

Lagar da cera da parroquia A Lamosa
Lagar da cera da parroquia A Lamosa

En Paraños, atopamos un lagar restaurado a carón de duas eiras; unha delas formando parte da estrutura dunha casa. En A Lamosa atopamos as ruinas dun lagar e ata seis eiras da cera.

A ruta do Xabriña vainos permitir coñecer un poco mais desta profesión desaparecida nas parroquias a mediados do século XX. Un achegamento aos traballos dos cereiros témolo na visita aos lagares onde se elaboraba a cera, e ás eiras, onde se poñía a corar.

Eira da cera das Brasileiras na parroquia da Lamosa
O curadoiro da cera das Brasileiras da parroquia A Lamosa

Os Muiños

Mais de trinta muiños espallados ao longo deste treito do río Xabriña e dos regueiros que van parar a él. Vémolos con distintas formas de cubo, de boa mampostería e de probe cachotería; con unha ou dúas moegas, grandes e pequenos, esborrallados ou restaurados e recuperados.

Os muiños supoñen a mostra máis destacada de toda unha economía rural vencellada ao millo.

Muiño do Codesal na Ruta do río Xabriña
Ruta do Xabriña. Muiño do Codesal (A Lamosa)
Detalle do mecanismo clásico do muiño. Por medio desta peza o maíz diríxese a entrada da pedra que o moerá.

Foron básicos para poder sobrevivir en tempos duros os veciños das aldeas e representan dos grandes atractivos para botármonos a camiñar e descubrilos.

Os Petos de ánimas

Entre os numerosos petos de ánimas da ruta do Xabriña, destaca o que está situado na Aldea de Baixo (Prado da Canda), que forma parte dun fermoso recuncho que atravesa o río Azal. Por aquí pasa un histórico camiño de arrieiros, a verea, que enlazaba as terras do Condado co Ribeiro.

Igrexa de A Lamosa e o seu peto de animáis

A igrexa e o peto de ánimas de A Lamosa son uns fermosos recunchos na ruta do Xabriña.

Cruceiro da parroquia de Paraños
Cruceiro de Paraños

Atoparemos 2 petos de ánimas en Prado da Canda, 5 na parroquia de A Lamosa e 4 na de Paraños. Tamén cabe destacar o cruceiro de paraños, construido no ano 1789 que ten un peto aos pés.

Camiños históricos, vellos camiños carreteiros ou sinxelas congostras, todo un entramado de vías onde pasaban moito tempo os nosos antergos, hoxe vémolos esquecidos e solitarios.

Entorno da ruta do Xabriña

A Ruta combina con perfección os valores naturais co rico patrimonio etnográfico das tres parroquias. Camiñando podemos atopar as fermosas ribeiras do río, a súa vexetación, fragas, prados, levadas, pontes e pasos, vellos camiños, fontes e lavadoiros, petos de ánimas, cruces e cruceiros, forxas, eiras e lagares da cera e os muiños.

Unha perfecta conxunción entre os valores naturais e a sabia intervención do home durante séculos.

O ponte Folón da ruta do Xabrinha
Atravesando os frondosos bosques a Ruta do río Xabriña lévanos á Ponte Folón

A ponte máis representativa de toda a Ruta é a ponte Folón entre Prado e A Lamosa, por onde pasa un histórico camiño. Pero hai moitas outras e tamén pontellas e pasos, nos que hai que ir choutando de pedra en pedra. Hoxe, algunhas pontes están reconstruídas en formigón debido a que as enchentes do río levaron as vellas pedras.

Os Cotos da Bouza (688 m.), formados por caprichosos bolos de granito, sitúanse entre Prado e os altos da Canda. Representan o punto máis alto da Ruta e é un excelente miradoiro da parte superior do val do río Xabriña, dos montes que o circundan como o Montouto (949 m.) ou da serra do Suido (o Monte Maior ou O Galleiro).

Outros moitos lugares esparexidos por toda a Ruta tamén nos van permitir admirar as fermosas paisaxes deste lugar.

Os Cotos da Bouza (688 m.), formados por caprichosos bolos de granito, sitúanse entre Prado e os altos da Canda. Representan o punto máis alto da Ruta e é un excelente miradoiro da parte superior do val do río Xabriña, dos montes que o circundan como o Montouto (949 m.) ou da serra do Suido (o Monte Maior ou O Galleiro).

Outros moitos lugares esparexidos por toda a Ruta tamén nos van permitir admirar as fermosas paisaxes deste lugar.

Natureza da ruta do Xabriña

Camiño nas Chozas na ruta do Xabriña
Camiño nas Chozas (Ruta do Xabrinña)

Os carballos e os camiños forman un conxunto inseparable que atoparemos en moitos treitos desta ruta ou a pouco que, pola nosa conta, nos arredemos dela.

Os carballos, asociados a outras especies como loureiros, acivros, aínda manteñen relativa importancia no alto val do río Xabriña. Especialmente o fan na zona da ruta do Xabriña coñecida como As Chozas. A isto debemos engadirlle unha importante vexetación de ribeira que acompaña ao río, formada sobre todo por aveleiras, amieiros, salgueiros.

O humilde e, cada vez máis escaso “cabaliño do demo“, non é a especie que máis presencia ten neste espazo natural. Tampouco o é a esquiva lontra ou o ameazado lobo ou o moucho. Iso sí representan unha mostra da variedade de fauna que nos podemos atopar pola beira do Río ou polas corredoiras, e mostránnos a pureza e o bo estado de conservación dos hábitats que conforman esta Ruta.

Columna vertebral da ruta, o río Xabriña e os regueiros que van ter a él e que, xuntos conforman o val, son os grandes protagonistas que nos acompañan neste fermoso paseo pola natureza covelense. Abrolla no alto da serra da Canda, e vai descendendo monte abaixo, regando as terras de antigos prados e multitude de veigas de millo que hoxe só perduran na memoria das persoas maiores de A Lamosa, Prado de Canda, Paraños, Mouriscados, Meirol ou Queimadelos.

Moucho común habitante da ruta do Xabriña
Especimen do moucho común (Athene noctua) que se pode ver na ruta do río Xabriña