O vello oficio da ceraría tivo unha importancia considerable no Concello de Covelo. Durante séculos os cereiros ou borreiros de Covelo elaboraron candeas, exvotos e bloques de cera amarela e branca
O Obradoiro dos Cereiros
Iso levounos a unha especialización aínda hoxe visíble no numeroso legado etnográfico relacionado coa ceraría (lagares da cera de A Lamosa e Paraños, curadoiros ou eiras da cera e pías de branqueo). Parte deste legado pode ser visitado no percorrido da Ruta do Xabriña
En Favum, o lugar da cera, os visitantes teñen a oportunidade de ollar polo miúdo todo o relacionado co oficio dos borreiros, dende o limiar orixinado na pequena “fábrica de cera” que son as abellas melíferas, ata os distintos procesos da cera: a obtención da materia prima, a elaboración da cera amarela no lagar, o branqueo da cera, a fabricación de candeas e exvotos e a súa comercialización.
Dun xeito didáctico e sinxelo, pequenos e maiores poden aprender todos os pasos da ceraría tradicional, a través de paneis interpretativos, con imaxes e vídeo, amais dos trebellos propios do oficio.