Traballos silvícolas. Eliminación de piñeiro entre frondosas
Invitámosvos a coñecer as actividades da comunidade de montes Paraños. A nosa intención é que se recoñeza a aportación do monte veciñal nas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. ¿Empezamos?
Día da árbore
Esta actividade comenzou no ano 2005. Nela participan fundamentalmente alumnos do Colexio de Covelo (CEIP Antonio Blanco Rodríguez) e, en menor medida, veciños da parroquia que colaboran nas tarefas de axudar aos nenos na prantación.
Ten lugar na primavera, no mes de marzo e lévase a cabo en pequenas parcelas do monte de As Meldelas. Hoxe están comprendidas dentro do perímetro do Parque Forestal.
É unha das actividades da comunidade de montes que é interesante para fomentar o coñecemento e o aprecio dos nenos polo mundo das árbores e da natureza. Nos ùltimos anos tense visto interrumpida (algunha vez por problemas meteorolóxicos), pero non deixa de ser unha actividade que se debe potenciar.
Normalmente faise en colaboración coa Consellería do Medio Rural que aporta as árbores, procedentes do viveiro de Areas (Tui). Algunha vez técnicos da Consellería téñennos acompañado no monte para facer rmais didáctica a xornada.
Prevención incendios
A Comunidade de Montes mantén sistemáticamente dende hai mais de duas décadas unha estreita colaboración co Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia.
Esta colaboración reflíctese en contratación de equipos de prevención e extinción, construcción. Tamén en acondicionamento de diversos puntos de auga no monte, traballos de desbroces e limpezas, etc.
Dende o ano 2006 a Comunidade de Montes de Paraños ven promovendo a constitución dunha Agrupación Veciñal de Vixilancia Forestal. Esta agrupación constitúese durante a época de meirande risco de incendios no monte e ten un carácter persuasivo (frente a posibles incendiarios).
Os obxectivos son dobles:
Por unha parte, minimizar, coa presenza de persoas voluntarias vixiando o monte, os riscos de incendio forestal. Polo outra, conseguir unha meirande implicación dos comuneiros co seu monte para que saiban valorar na sua xusta medida o rico patrimonio que posuen.
Na actualidade non se están contratando patrullas durante a época de maior risco. Pero os desbroces de camiños e pistas, cortalumes, limpeza de repoboacións, tanto manuais como mecanizadas, estanse facendo todos os anos.
Deste xeito preténdese disminuir o risco de que un posible incendio no monte adquira grandes proporcións.
A partir de 2008 a actual Xunta Rectora fixo un programa que pretande cubrir toda a superficie do monte con puntos de auga ou pozas de extinción de incendios. De xeito que sempre haxa algunha preto para poder abastecer un camión motobomba ou un helicóptero.
A primeira que se construiu foi enteiramente con cargo ao Servizo de Extinción de Incendios e está situada por debaixo da Fonte Carballeda, na Peroxa. Neste mesmo monte construironse tres mais. Unha no regueiro da Fonte do Campo, aproveitando unha fochanca de terra e duas no curso do regueiro de Balouta; a primeira xusto no seu nacemento en Fonte Vilariño, onde xa houbera antigamente unha poza feita de ladrillos e finalmente outra por debaixo de onde cruza o camiño da Franqueira.
No monte de Picoto reformouse e aumentouse a capacidade da Poza de Picoto, que tamén se aproveita para regadío. E finalmente construiuse unha poza habilitada para a carga de helicópteros no monte do Quinteiro, entre Regufes e O Meixoeiro. Ela se abastece da levada do Quinteiro.
Estas políticas de prevención poden ter influido na pouca superficie queimada na nosa Comunidade, situación que agardamos poida manterse no tempo, xa que os lumes no monte supoñen unha auténtica catástrofe natural económica e social.
Repoboacions
Ainda que a Comunidade heredou grandes masas de piñeiro bravo (pinus pinaster) das antigas repoboacións do Estado, os labores de repoboación continuaron en diversas parcelas.
En 1996 fíxose unha grande repoboación con piñeiro do país ou piñeiro bravo (P. pinaster) na zona da Peroxa coñecida como As Traveseiras, ata o Alto do Coto dos Cabalos, unha zona que ardera había uns anos e non se rexenerara.
Así en 1992 repobouse con castiñeiros unha parcela no monte do Quinteiro. Dous anos mais tarde tocoulle o turno ao monte Parada, desta vez con carballo americano (Quercus rubra).
Pola sua banda a Consellería do Medio Rural levou a cabo algunha repoboación con pinus radiata no monte do Quinteiro, dentro do convenio que ainda esta vixente para este monte.
Tamén viría a repoboación, tamén con piñeiro do país, de 13Ha no monte de Picoto (nun antigo pasteiro abandoado había anos). E arredor de 3Ha. no monte da Peroxa, ao Leste da Fonte Carballeda.
A comenzos de 2008 faise unha prantación de 5,7 Ha nos montes de A Vispeira-O Sichós e Monte de Susana con frondosas caducifolias, básicamente carballo americano e castiñeiro, seguindo as directrices do Proxecto de Ordenación do Monte.
Traballos silvícolas
Os traballos silvícolas son actividades fundamentais da comunidad de montes para mellorar o producto final do monte, isto é, acadar unha madeira que teña un alto valor no mercado á hora da comercialización. Ademais unha silvicultura eficiente e ben programada minimiza o risco de incendios forestais e a aparición de pragas.
Tres son as principais intervencións de silvicultura no monte veciñal de Paraños: os desbroces, as podas e as desmestas e rareos de masas arborizadas.
Os desbroces mais habituais fanse normalmente inseridos nas campañas de prevención de incendios anuais, e teñen lugar durante o verán. Unha parte importante de desbroces e limpezas de matogueira adícase a camiños e pistas forestais.
Debido ás condicións climáticas dos montes de Paraños, a vexetación medra con moita forza dun ano para o outro. Por iso é preciso actuar sobre ela como máximo cada 2 ou 3 anos. Iso si estes parámetros poden ser lixeiramente alterados pola orientación e a calidade dos distintos terreos. Como norma xeral, vaise rotando de maneira que cada pista ou camiño principal sexa desbrozado cada dous ou tres anos.
Outra faceta importante dos desbroces está constituida polos desbroces nas masas arborizadas. Neste caso faise mais necesario a actuación en masas novas, pois as árbores adultas adoitan manter a sombra no chan evitando a competencia do sotobosque e só o fento medra con forza. Se temos e conta que o fento é unha pranta frugal que desaparece ao chegar o outono, as intervencións en masas adultas faise cunha cadencia moito mais espaciada.
Polo que respecta ás podas, podemos distinguir entre poda baixa (entre 2-2,5 m. de altura) e poda alta (ata os 5,5 m.). Son importantes para acadar unha boa calidade na madeira e para minimizar os efectos dun lume, dificultando a propagación.
A Comunidade de Montes ven actuando con regularidade (algunhas veces coa axuda económica da Consellería e outras con fondos propios, exclusivamente) nas masas de piñeiro e frondosas caducifolias (carballo autóctono, carballo americano e castiñeiro). Agás pequenas excepcións o monte veciñal de Paraños conta con algún dos dous tipos de poda.
Traballos silvícolas. Unha parcela da comunidade de montes Paraños despois dunha corta de piñeiros.
A mesma parcela despois dunha corta de piñeiros no verán
Os rareos e desmestas son importantes actividades da nosa comunidade de montes para facer unha selección das mellores árbores e que éstas medren proporcionadas. Asi evítase a competencia das mais débiles ou mal formadas.
En parcelas de corta a eito de piñeiro a rexeneración posterior é moi forte. Por iso fai falta unha intervención axiña para evitar que ás árbores crezan ben dimensionadas.