HISTORIA

3 de Xaneiro
A Constitución da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños. Foi a raiz dunha convocatoria feita por Xosé Manuel Sendín Rodríguez despois de asistir en Pontevedra a unhas xornadas sobre a figura dos montes veciñais. Ocorreu nun momento no que outras comunidades veciñais comenzaban a solicitar a devolución dos seus montes comunais.

Barrio de Cotarel, nº 15
Primeira asamblea celebrouse na esta casa propiedade de D. Serafín Espiñeira. Desta asemblea saiu elexido un grupo de persoas que formarían a Xunta Rectora da Comunidade de Montes durante anos.

Primeiras actuacións

1ª Xunta Rectora estaba formada por:

  • D. Nicanor Rodríguez Costa como Presidente;
  • D. Luis Mera Rodríguez como Secretario;
  • D. Juan Lamela López como tesoureiro;
  • D. Prudencio Gómez Márquez como vicepresidente;
  • D. Secundino Alonso Lamela como vicesecretario;
  • D. Francisco Castro Campos, D. Sergio Sendín González, D. Dionisio Colmenero Peleteiro e D. Manuel Vilasboas Troncoso como vocais.

Unha vez constituida a Comunidade de Montes a Xunta Rectora procede a solicitar a clasificación dos montes da parroquia de Paraños.

Comenzado o trámite de clasificación, e dentro do período de información, o presidente presenta un escrito no Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común. Nel se manifestan certas dúbidas relacionadas cos lindeiros do monte de A Peroxa.
O Xurado Provincial clasifica os montes de Paraños. Ainda non aclara as dúbidas sobre os lindeiros de A Peroxa. Contra esta Resolución, o presidente presenta un recurso de reposición que non foi resolto. Esta situación permaneceu sen cambios durante case 15 anos.
D. Nicanor Rodríguez. A súa petición o concello de Covelo solicita no 1994 do Instituto Geográfico Nacional que efectue os traballos de delimitación dos concello de Covelo e Mondariz no que respecta ás parroquias de Paraños e Mouriscados, entre outras.

Como a acta de replanteo elaborada polo IGN (que recollía o deslinde de 1940) estaba en desacordo coas pretensións dos veciños de Covelo, o Pleno do Concello de Covelo acorda solicitar un expediente de deslinde entre os concello de Covelo, Mondariz e Fornelos de Montes.

O expediente de deslinde solicitado polo concello de Covelo sufriu varias vicisitudes. O que afectaba á parroquia de Paraños e, por conseguinte, aos seus montes, tivo continuidade tres anos despois.

 Os alcaldes de Covelo e Mondariz asinan as actas de apertura do expediente de deslinde.

Decreto 246/2000

Finalmente resolve o expediente de deslinde considerando válida a liña xurisdiccional que se describe na acta de deslinde de 1890 e a posterior de encalamento de 1954.

24 de xaneiro                                                                                       A Comunidade de Montes de Paraños presenta un interdicto contra a Comunidade de Montes de Mouriscados por traballos realizados no monte de A Peroxa.

18 de abril o xuizo celebrado resolve que as cuestións de propiedade deben resolverse nun xuizo declarativo, desestimando a demanda da Comunidade de Paraños.

Unha vez constituida a Comunidade de Montes a Xunta Rectora procede a solicitar a clasificación dos montes da parroquia de Paraños. Comenzado o trámite de clasificación, e dentro do período de información, o presidente presenta un escrito no Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común. Nel se manifestan certas dúbidas relacionadas cos lindeiros do monte de A Peroxa.

antiga cartografía de zona actualmente ocupada por comunidade de montes paraños

12 de febreiro

Presentada unha nova demanda no Xulgado de 1ª Instancia de Ponteareas, apoiada nun informe do períto D. Angel Bravo Portela, a sentenza do 9 de febreiro de 1999 é desfavorable ás pretensións da Comunidade de Montes de Paraños. Contra esta sentenza a C.M. de Paraños interpuxo recurso de apelación diante da sala terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Sentenza nº 195/2001.

Emitida por Audiencia Provincial de Pontevedra do 25 de maio estima en parte o recuso de Paraños e declara que a superficie veciñal en disputa é propiedade dos veciños de Paraños, por habela poseído dende tempos inmemoriais.

Unha parcela despois dunha corta de piñeiros no verán

Desestimación final

Un recurso de casación № 34/01, de 5 de septembre do 2001 interposto pola C.M. de Mouriscados diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia foi desestimado pola resolución de 21 de febreiro de 2002, sen que caiba ningún outro recurso.

Proxecto de Ordenación dos montes veciñais en mano común da parroquia foi encargado a D. Braulio Molina Martínez unha vez que toda a superficie de monte comunal estivese consolidada e aínda que haxan certas dúbidas en relación cos lindes do monte de Ou Quinteiro ou Picoto. Este proxecto foi aprobado pola Consellería do medio Rural o 2 de setembro de 2005.

Proxecto de Valorización dos recursos forestais no monte veciñal en man común de Paraños foi elaborado polo mesmo técnico como complemento do Proxecto da Ordenación, e ao abeiro das axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural, en setembro de 2008. Ámbalas duas ferramentas son as que marcan a traxectoria de actuacións no monte veciñal, que atesoura un grande patrimonio forestal, sen esquecer outros ámbitos como o natural e ambiental, social e mesmo recreativo.

Ramas de carballo (quercus robur) con follaje no verán