O parque
Este espazo de lecer e aprendizaxe abrangue unha superficie de 10 hectáreas. Sitúase no monte de As Medelas, a carón da estrada que vai a Piñoi e perto da estrada de Paraños a Covelo. Foi construido no ano 2009 dentro do proxecto de valorización do monte veciñal de Paraños.
Entre as infraestructuras conta cunha área de mesas e unha fonte, un pequeno sendeiro de 1 Km.. Ademais ten 2 paneis interpretativos, unha antiga poza de regadío e as vellas instalaccións dun campo de futbol, hoxe abandoado.
Noutra parte da parcela hai unha grande variedade de árbores, de corta idade, procedentes das sucesivas prantacións feitas por alumnos do CEIP de Covelo.
Entre os seus valores naturais destaca un regueiro que nace dentro do parque, que leva asociado un pequeno bosque de ribeira. A maioria da superficie está formada por masas de piñeiro (Pinus pinaster) de distintas idades acompañado de frondosas, básicamente carballos (Quercus robur).