Natureza da ruta do Xabriña

Camiño nas Chozas na ruta do Xabriña
Camiño nas Chozas (Ruta do Xabrinña)

Os carballos e os camiños forman un conxunto inseparable que atoparemos en moitos treitos desta ruta ou a pouco que, pola nosa conta, nos arredemos dela.

Os carballos, asociados a outras especies como loureiros, acivros, aínda manteñen relativa importancia no alto val do río Xabriña. Especialmente o fan na zona da ruta do Xabriña coñecida como As Chozas. A isto debemos engadirlle unha importante vexetación de ribeira que acompaña ao río, formada sobre todo por aveleiras, amieiros, salgueiros.

O humilde e, cada vez máis escaso “cabaliño do demo“, non é a especie que máis presencia ten neste espazo natural. Tampouco o é a esquiva lontra ou o ameazado lobo ou o moucho. Iso sí representan unha mostra da variedade de fauna que nos podemos atopar pola beira do Río ou polas corredoiras, e mostránnos a pureza e o bo estado de conservación dos hábitats que conforman esta Ruta.

Columna vertebral da ruta, o río Xabriña e os regueiros que van ter a él e que, xuntos conforman o val, son os grandes protagonistas que nos acompañan neste fermoso paseo pola natureza covelense. Abrolla no alto da serra da Canda, e vai descendendo monte abaixo, regando as terras de antigos prados e multitude de veigas de millo que hoxe só perduran na memoria das persoas maiores de A Lamosa, Prado de Canda, Paraños, Mouriscados, Meirol ou Queimadelos.

Moucho común habitante da ruta do Xabriña
Especimen do moucho común (Athene noctua) que se pode ver na ruta do río Xabriña