Os carballos e os camiños forman un conxunto inseparable que atoparemos en moitos treitos desta ruta ou a pouco que, pola nosa conta, nos arredemos dela.
Os carballos, asociados a outras especies como loureiros, acivros, aínda manteñen relativa importancia no alto val do río Xabriña. Especialmente o fan na zona da ruta do Xabriña coñecida como As Chozas. A isto debemos engadirlle unha importante vexetación de ribeira que acompaña ao río, formada sobre todo por aveleiras, amieiros, salgueiros.